Quero hundirme no teu mar,
recorrer as correntes salobres
descansar na praia á beira dos montes.
Quero facerte recordar
o azul da túa pel na area,
mollada coma unha serea.
Quero hundirme no teu mar,
afogarme e afogarte
espallando xemidos polo ár.
Quero facerte recordar,
todos os segundos de paz.
Volve afogarme outra vez máis.
Jústame. Éncantame o mar.Eu tamén quero afojar.
ResponderEliminarÉ un pracer, sobretodo cando o mar ten nome e apelidos.
EliminarSe son concretos -antropónimos-, entón non creo que coincidamos. Usas muito a palabra agochada.
EliminarAsí é, mais se che gusta interpretalo como tal, non me queixarei.
EliminarEu o interpretarei coma ti queiras. Non o escribín eu. Pero se te refires a aljién, está claro que non sei quen é.
ResponderEliminar