martes, 12 de marzo de 2013

Rías

Quero hundirme no teu mar,
recorrer as correntes salobres
descansar na praia á beira dos montes.

Quero facerte recordar
o azul da túa pel na area,
mollada coma unha serea.

Quero hundirme no teu mar,
afogarme e afogarte
espallando xemidos polo ár.

Quero facerte recordar,
todos os segundos de paz.
Volve afogarme outra vez máis.

5 comentarios:

  1. Jústame. Éncantame o mar.Eu tamén quero afojar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É un pracer, sobretodo cando o mar ten nome e apelidos.

      Eliminar
    2. Se son concretos -antropónimos-, entón non creo que coincidamos. Usas muito a palabra agochada.

      Eliminar
    3. Así é, mais se che gusta interpretalo como tal, non me queixarei.

      Eliminar
  2. Eu o interpretarei coma ti queiras. Non o escribín eu. Pero se te refires a aljién, está claro que non sei quen é.

    ResponderEliminar