É cando o frío non me afecta
e síntome máis cerca dos deuses,
sinto máis fortaleza que nunca
e o alento divino mata o temblor.
Vou recorrer o mundo a pé,
soterrar toda pena
de dereita a esquerda
da túa man, co teu saber.
Ollarte forte, leda
sen palabras, sen ollos;
cos meus brazos espidos,
onde teu amor te leva.
É cando brota a esperanza
e o falar acábase
coma un misto á intemperie
que nega a súa extinción.
Vaia sorpresa! Van dez minutos e a miña cabeza segue en silencio. Ben sabes que os comentarios non ían por todos. Con todo alégrame ter provocado a posibilidade de acceder até aquí. Grazas
ResponderEliminarNada muller! E xa sabes, se tes colegas literatos agradaríame que o compartises. Saúdos.
Eliminar