Vexo hoxe nos teus ollos
a conciencia inmaculada
os aires adultos,
a serea mirada
a poesía nunca acabada.
Os rumores escuros,
réplicas dunha verde xornada,
saen de húmidos beizos
latendo a demanda
de recorrer dita enseada.
Suplicando os bicos
para seren xa, agora, liberada
eternos aloumiños,
mirar acabada
dunha paixón forzada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario