jueves, 7 de marzo de 2013

O balcón

É cando o frío non me afecta
e síntome máis cerca dos deuses,
sinto máis fortaleza que nunca
e o alento divino mata o temblor.

Vou recorrer o mundo a pé,
soterrar toda pena
de dereita a esquerda
da túa man, co teu saber.

Ollarte forte, leda
sen palabras, sen ollos;
cos meus brazos espidos,
onde teu amor te leva.

É cando brota a esperanza
e o falar acábase
coma un misto á intemperie
que nega a súa extinción.

2 comentarios:

  1. Vaia sorpresa! Van dez minutos e a miña cabeza segue en silencio. Ben sabes que os comentarios non ían por todos. Con todo alégrame ter provocado a posibilidade de acceder até aquí. Grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nada muller! E xa sabes, se tes colegas literatos agradaríame que o compartises. Saúdos.

      Eliminar