viernes, 21 de noviembre de 2014

Thymos

hai quen nunca viu o mar
hai quen nunca namorou
e por iso non poden explicar
as imaxes que a darvos estou

doume cremalleira
contradecirme é dor
pois non amo inda que non queira
polo que non cesa este estupor

Sunna érguese no ceo
metílica non é a suor
e inda que a leve no peito
nin quero mellor
nin que cese a dor

fe en ilusións

cese das paixóns

verbas non son emocións

e non quero solucións

pra min só hai un axioma
certos cheiros que meu cerebro adora
deixalo todo pra non acabar en coma?
tan só o sono nocturno se evapora

non me entendedes?
non se trata de vontades
a broma tomades
que non vexa erro en maldades

fe en ilusións

cese das paixóns

verbas non son emocións

e non quero solucións

sábado, 23 de agosto de 2014

Introinducción

¿A onde irei sen peniques no peto;
a onde, sen cédula nin tinteiro?

¿Tanto me presta o sentir do vento,
ou vago só pensando que estas preto?

Alzo un moribundo ollar
unha vez máis
calzo as adidas e baixo ó bar
unha vez máis
pecho a túa boca sen falar
 coma un samurai

trae calquera cousa
con tal de evadirme
de alguen que non é eu
sentirme

coma un samurai
unha vez máis

trae calquera cousa
con tal de digno verme e
 coma alguén que sabe o que fai
sentirme

coma un samurai
unha vez máis

miércoles, 16 de julio de 2014

Ser non é vivir

Curtas son as palabras
para expresar o descontento
do corazón ferido
o seu latexo, o seu lamento

cando escoito o teu nome
non sinto nada
de nada
pero non coma ausencia
de emocións
sentimentos
senón nada de nada
vacío pulcro
é dicir: paz

eivado órgano vital
que digno no seu cometido
move o pensar do mortal,
ata que cesa de latexar

sinto paz; non podo amar
nin saír ledo
nin falar
deixar de soñar, vivir
meta morta
que dicir xa
que alguén non teña dito
carraxe doente
é dicir: paz

válvulas ferruxentas
agudo crepitar do meu mal
quixera cun fío arranxar
este texido burdo e fatal

a vida

lunes, 19 de mayo de 2014

Soños

Contemplo soñador cada unha das curvas
que o ceo che regalou
e penso cínicamente
que é de min de quen falas
que son eu teu motivo pra sonreír

non te podo ver
e os soños
viles entrantes
do que quero ser
pérdenme
mátanme

síntome a ti encadeado
nun querer egoísta
nun querer ser algo
neste caminho sen pistas
no que me vexo tan canso

non te podo ver
e os soños
brebaxes quentes
impío lecer
dóenme
alporízanme

contemplo esmagado cada unha das verbas
que non me pertencen;
só ti, ti enaltécesme
por ti arderían reinos
e por ti incendiaría os infernos

non te podo facer ver
e os soños
en ti fanme crer

martes, 22 de abril de 2014

Pan

O ceo chora conmigo
a túa ausencia
e, gota a gota
nutre as doenzas
que este desamor brota

e púdrome no encerro
esvarando pola cortiza

os deuses choran conmigo
que non me vexas
e, imaxe tras imaxe
o desacougo
a nulidade

e púdrome no encerro
esvarando pola cortiza

muller,
trigo no meu ollar
muller,
o desacougo
de agardar

e púdrome no encerro
coma un home de cinza

miércoles, 9 de abril de 2014

Quietude na penumbra

Entre estas mornas paredes
xace o eco
dunha vida que rematou
levándose
o agarimo

entre estas mornas paredes
xace un amor
e unha paciencia
que afilan a fouce
para o rencor

entre estas mornas paredes
coidei de ser bo
coidei dos que me coidan,
e sen punto de retorno
aldraxei o taboleiro

entre fume, entre merda
coma en posición fetal
velo o partir do sol,
coma debuxando un plan
escribo e agardo.

martes, 1 de abril de 2014

-

Aínda non entendo
o que vexo no firmamento
teu corpo nú ilumina
e meu ollar determina
que sobre branca mármore me sento
e túas mans con devoción quento

xa me dirás, luz de min,
se teu agarimo a brotar tento
quero que me consumas
ata ser fume, cinza, ascuas
teus pasos arrincáronme un lamento
mais non podo evitar vivir contento.

miércoles, 22 de enero de 2014

A guerrilla do tic-tac

Agardo vivir moito en pouco tempo
e raudo fuxir do estrépito
que resta ós meus soños crédito,
non puideron as verbas
coa vontade das nornas
nin os sacrificios
co pretérito dos meus cansos ollos

seguindo a pista do lóstrego abatido
topei cun hermo val espido
no que os segredos
os alaridos
os insumisos
son polo puñal do vento fendidos.