Carecen de sentido,
todos os momentos vividos.
Permanecen no olvido,
palabras e feitos escritos.
Xa non son quen de alto falar
desvarío tentando animarme,
fuxo cando quero perderme,
non pertenzo a ningún lugar.
Destruído meu recordo,
sen sinais claras para os fillos
do meu salouco xordo
ríndome xa, ante os vivos.
Desfíxose aquela unión;
morreu o conto de sempre...
os días xacen inertes
e non hai máis solución.
Moito madruguei nesta vida de crueis
deixándome levar polos recordos.
Mais eles cobran fortes aranceis
no seu bacanal de homicidios.
Quen me dera retornar...
quen me dera... xa calar.
Año nuevo, vida nueva.








Ben sei que non falades do mesmo pero non podo resistirme...
ResponderEliminar¡Quén dera ser nao senlleira
n-aquel mar non presentido
das ja mergulladas terras!
Sen ceo, sen astros, sen vento,
sempre â toa pol-as ondas
deitado no esquecimento,
nin andar nin desandar,
nin ter outro coido acedo
que leijarse ir pol-o mar...
Quén dera ser nao senlleira!
Sen fito —estrela nin porto—
ser eu a propia ribeira!!
¡Quen dera...
Non fas mal, o parecido é indiscutible, pero por suposto, non en calidade.
ResponderEliminar