miércoles, 23 de octubre de 2013

A Familia.

Coma un neno ante un libro
indago, curioso,
o pasado glorioso.

Cantas saudades
cantas glorias xa mortas
cantas verdades...

os pais que traballan
as nais que choran
os defuntos que observan

os que viaxan, os que loitan,
aqueles que morren, e aqueles,
aqueles que aínda sofren, fatigados,
agardando un mañá de victorias.

miércoles, 7 de agosto de 2013

Baixo a miña pel


Máis non podo facer,
quérote coma unha rula ó seu niño
cando sae do cascarón,
rompendo seu encerro
voando, coma eu lembrando a túa perfección.
Máis non te podo querer.

sábado, 29 de junio de 2013

Refuxiarse baixo o manto nocturno.

De improviso
pregúntome.

¿Que queda na despensa,
que queda nos aires lóbregos?
A espera que me amansa.

De improviso
levántome.

¿Que queda onde viaxamos,
que queda nesta estancia morta?
Cheiro dos días pasados.

De improviso
sacúdome.

Este son eu,
eses sodes vos,
de improviso
espértome.

domingo, 2 de junio de 2013

Parar a caída.

Somos fillos do ár,
pais e nais esgotados
do amor do fogar.

Dor nos teus beizos,
axitación contra o mal,
redención dos erros.

Durme tras folgar,
que os corazóns dos vivos
vante axustizar.

Tempos pasados,
chorar por non tolear,
ira nos xulgados.

viernes, 24 de mayo de 2013

Esquizofrenia

Carecen de sentido,
todos os momentos vividos.
Permanecen no olvido,
palabras e feitos escritos.

Xa non son quen de alto falar
desvarío tentando animarme,
fuxo cando quero perderme,
non pertenzo a ningún lugar.

Destruído meu recordo,
sen sinais claras para os fillos
do meu salouco xordo
ríndome xa, ante os vivos.

Desfíxose aquela unión;
morreu o conto de sempre...
os días xacen inertes
e non hai máis solución.

Moito madruguei nesta vida de crueis
deixándome levar polos recordos.
Mais eles cobran fortes aranceis
no seu bacanal de homicidios.

Quen me dera retornar...
quen me dera... xa calar.













Año nuevo, vida nueva.

lunes, 25 de marzo de 2013

Hai tempo

Botar de menos.
Momentos que, espidos,
mátanme pouco a pouco.
Botar de menos.

Feridas que non sangran;
loito por ninguén,
plañideiras que choran,
morte dun non-ser.

Gris e azul morrer
lonxano crecer,
só puiden manter
o mal do meu ver.




martes, 12 de marzo de 2013

Rías

Quero hundirme no teu mar,
recorrer as correntes salobres
descansar na praia á beira dos montes.

Quero facerte recordar
o azul da túa pel na area,
mollada coma unha serea.

Quero hundirme no teu mar,
afogarme e afogarte
espallando xemidos polo ár.

Quero facerte recordar,
todos os segundos de paz.
Volve afogarme outra vez máis.

jueves, 7 de marzo de 2013

O balcón

É cando o frío non me afecta
e síntome máis cerca dos deuses,
sinto máis fortaleza que nunca
e o alento divino mata o temblor.

Vou recorrer o mundo a pé,
soterrar toda pena
de dereita a esquerda
da túa man, co teu saber.

Ollarte forte, leda
sen palabras, sen ollos;
cos meus brazos espidos,
onde teu amor te leva.

É cando brota a esperanza
e o falar acábase
coma un misto á intemperie
que nega a súa extinción.

sábado, 16 de febrero de 2013

Cantiga (I)

Agarado os teus abrazos,
se a espera non me quita os azos
se o meu corazón non queda sen folgos.
Amareite por sempre.

Véxote vir ó lonxe,
co colorido de verde no teu traxe,
vermella beleza da túa imaxe.
Amareite por sempre.

¿E se non apareces?
Deste xeito agardo que non me deixes,
que en min, moito e longo, con calma, penses.
Amareite por sempre.

jueves, 14 de febrero de 2013

Liras

Vexo hoxe nos teus ollos
a conciencia inmaculada
os aires adultos,
a serea mirada
a poesía nunca acabada.

Os rumores escuros,
réplicas dunha verde xornada,
saen de húmidos beizos
latendo a demanda
de recorrer dita enseada.

Suplicando os bicos
para seren xa, agora, liberada
eternos aloumiños,
mirar acabada
dunha paixón forzada.



viernes, 1 de febrero de 2013

América do sur.

A que di que o ceo está cheo de estrelas
non se da de conta de que ela é unha delas
seica olvidou mirarse ó espello,
olvidouse tamén do cabelo.

Os silencios de branca que esperan,
o feitizo do seu cálido sorriso;
as nubes que contemplan e fuxen,
con medo de namorarse corren.

Cecáis tivo razón de santa, e sempre,
sempre, recordarei esas verbas de serpe,
coas que a dor faise anacos dourados
es os choros, tempos xa olvidados.