martes, 22 de abril de 2014

Pan

O ceo chora conmigo
a túa ausencia
e, gota a gota
nutre as doenzas
que este desamor brota

e púdrome no encerro
esvarando pola cortiza

os deuses choran conmigo
que non me vexas
e, imaxe tras imaxe
o desacougo
a nulidade

e púdrome no encerro
esvarando pola cortiza

muller,
trigo no meu ollar
muller,
o desacougo
de agardar

e púdrome no encerro
coma un home de cinza

miércoles, 9 de abril de 2014

Quietude na penumbra

Entre estas mornas paredes
xace o eco
dunha vida que rematou
levándose
o agarimo

entre estas mornas paredes
xace un amor
e unha paciencia
que afilan a fouce
para o rencor

entre estas mornas paredes
coidei de ser bo
coidei dos que me coidan,
e sen punto de retorno
aldraxei o taboleiro

entre fume, entre merda
coma en posición fetal
velo o partir do sol,
coma debuxando un plan
escribo e agardo.

martes, 1 de abril de 2014

-

Aínda non entendo
o que vexo no firmamento
teu corpo nú ilumina
e meu ollar determina
que sobre branca mármore me sento
e túas mans con devoción quento

xa me dirás, luz de min,
se teu agarimo a brotar tento
quero que me consumas
ata ser fume, cinza, ascuas
teus pasos arrincáronme un lamento
mais non podo evitar vivir contento.