lunes, 25 de marzo de 2013

Hai tempo

Botar de menos.
Momentos que, espidos,
mátanme pouco a pouco.
Botar de menos.

Feridas que non sangran;
loito por ninguén,
plañideiras que choran,
morte dun non-ser.

Gris e azul morrer
lonxano crecer,
só puiden manter
o mal do meu ver.




martes, 12 de marzo de 2013

Rías

Quero hundirme no teu mar,
recorrer as correntes salobres
descansar na praia á beira dos montes.

Quero facerte recordar
o azul da túa pel na area,
mollada coma unha serea.

Quero hundirme no teu mar,
afogarme e afogarte
espallando xemidos polo ár.

Quero facerte recordar,
todos os segundos de paz.
Volve afogarme outra vez máis.

jueves, 7 de marzo de 2013

O balcón

É cando o frío non me afecta
e síntome máis cerca dos deuses,
sinto máis fortaleza que nunca
e o alento divino mata o temblor.

Vou recorrer o mundo a pé,
soterrar toda pena
de dereita a esquerda
da túa man, co teu saber.

Ollarte forte, leda
sen palabras, sen ollos;
cos meus brazos espidos,
onde teu amor te leva.

É cando brota a esperanza
e o falar acábase
coma un misto á intemperie
que nega a súa extinción.