Contemplo
soñador cada unha das curvas
que o
ceo che regalou
e
penso cínicamente
que é
de min de quen falas
que
son eu teu motivo pra sonreír
non
te podo ver
e os
soños
viles
entrantes
do
que quero ser
pérdenme
mátanme
síntome
a ti encadeado
nun
querer egoísta
nun
querer ser algo
neste
caminho sen pistas
no
que me vexo tan canso
non
te podo ver
e os
soños
brebaxes
quentes
impío
lecer
dóenme
alporízanme
contemplo
esmagado cada unha das verbas
que
non me pertencen;
só
ti, ti enaltécesme
por
ti arderían reinos
e por
ti incendiaría os infernos
non te podo facer ver
e os soños
en ti fanme crer