Carecen de sentido,
todos os momentos vividos.
Permanecen no olvido,
palabras e feitos escritos.
Xa non son quen de alto falar
desvarío tentando animarme,
fuxo cando quero perderme,
non pertenzo a ningún lugar.
Destruído meu recordo,
sen sinais claras para os fillos
do meu salouco xordo
ríndome xa, ante os vivos.
Desfíxose aquela unión;
morreu o conto de sempre...
os días xacen inertes
e non hai máis solución.
Moito madruguei nesta vida de crueis
deixándome levar polos recordos.
Mais eles cobran fortes aranceis
no seu bacanal de homicidios.
Quen me dera retornar...
quen me dera... xa calar.
Año nuevo, vida nueva.







