sábado, 16 de febrero de 2013

Cantiga (I)

Agarado os teus abrazos,
se a espera non me quita os azos
se o meu corazón non queda sen folgos.
Amareite por sempre.

Véxote vir ó lonxe,
co colorido de verde no teu traxe,
vermella beleza da túa imaxe.
Amareite por sempre.

¿E se non apareces?
Deste xeito agardo que non me deixes,
que en min, moito e longo, con calma, penses.
Amareite por sempre.

jueves, 14 de febrero de 2013

Liras

Vexo hoxe nos teus ollos
a conciencia inmaculada
os aires adultos,
a serea mirada
a poesía nunca acabada.

Os rumores escuros,
réplicas dunha verde xornada,
saen de húmidos beizos
latendo a demanda
de recorrer dita enseada.

Suplicando os bicos
para seren xa, agora, liberada
eternos aloumiños,
mirar acabada
dunha paixón forzada.



viernes, 1 de febrero de 2013

América do sur.

A que di que o ceo está cheo de estrelas
non se da de conta de que ela é unha delas
seica olvidou mirarse ó espello,
olvidouse tamén do cabelo.

Os silencios de branca que esperan,
o feitizo do seu cálido sorriso;
as nubes que contemplan e fuxen,
con medo de namorarse corren.

Cecáis tivo razón de santa, e sempre,
sempre, recordarei esas verbas de serpe,
coas que a dor faise anacos dourados
es os choros, tempos xa olvidados.